We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Norte e Sur

by ELIELA

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

"Soa o silencio e de entre el, aparecen pasemiños os acordes da corda acordada, ábrese a porta á vida feita voz, palabra susurrada. Ás veces, é coma unha viaxe. Na vida, existen e xermolan as contrastes; pero, "contraste", non implica "oposto", tal vez, "diferente"... . As culturas, sempre nos achegan as súas diferenzas e con elas, arriban ao noso peirao as súas cores e os seus arrecendos; pode que ata de paraxes por descobrir, pode que de paisaxes oníricas por explorarmos... . Que tal se nos mergullamos nos seus mares collid@s pola man das nosas diferenzas tan igoais e encetamos esta viaxe?."
FERXO MOURENZA

lyrics

FRESCA SOMBRA E TEMPO MORNO
CASAS BRANCAS, CHEIRO A XASMÍN

NOITES CURTAS E DÍAS LONGOS
CINEMA DE VERÁN NO XARDÍN

CELOSÍAS, AZOTEAS
XERANIOS AO SOL, CEO AZÚL

PAPAVENTOS, COPLAS LEDAS
XÍLGAROS NO AR,
ERA O SUR


O MUNDO VIROU TAN ESCURO
CAMA FRÍA, BÓVEDA GRIS

SOMBRAS PRETAS BAIXO UN DILUVIO
FALAS DOCES, NOITES SEN FIN

PEDRA VERDE, SEMENTEIRA
MERENDAS AO SON DO BAMBÁN

SABAS BRANCAS AO CLAREO
E AS ESPIGAS A SECAR

NORTE E SUR

COMBINANDO ROSAS E ESPIÑAS
XOGANDO COA CARA E COA CRUZ

TORNASOLES DE MERCROMINA
E UN PERPETUO ANCEIO DE LUZ

ARREBOLES NO HORIZONTE
VENTO DE LEVANTE
E O MAR

CHUVIA TERCA, TERRA PRETA
AGUAS BRAVAS PARA NAVEGAR


AS MANCHEAS DE CEREIXAS
E MANTEIGA COLORÁ

FIGOS CHUMBOS, CHUCHAMELES
HOXE NORTE E SUR DANSE AMAN

NORTE E SUR

credits

released June 13, 2014
ESCRITA POR JOSE CHURRUCA E MARÍA COSTAS
VOZ: MARÍA COSTAS
GUITARRAS: JOSE CHURRUCA
CONTRABAIXO: PABLO VIDAL
BATERÍA: NOLI TORRES

license

all rights reserved

tags

about

Eliela Pontevedra, Spain

ELIELA
O grupo foi creado en Pontevedra no mes de Outubro de 2011 por Jose Churruca -guitarra- e María Costas -voz e ampliado posteriormente con contrabaixo e baixo (Pablo Vidal) e batería (Noli Torres).
As composicións de Eliela non deixan a ninguén indiferente: intensidade, sensibilidade e paixón a través da música son a nosa prioridade.
O primeiro disco está a punto de ser editado.
... more

contact / help

Contact Eliela

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Norte e Sur, you may also like: